Alejandro Carro, o Santi de Padre Casares vai protagonizar unha película para os Estados Unidos.

July 18, 2015

 

 A canteira de actores galegos internacionalízase. Neste caso dicímolo por Alejandro Carro xa tocou aos seus trinta e un anos todos os paos da interpretación. No cine interveu en sete longamentraxes, no teatro participou en máis dunha vintena de espectáculos e na televisión de Galicia coñecémolo polo seu papel de Santi en Padre Casares. Agora, tras gravar para Hospital Real, encara un proxecto novo. Será o protagonista de "The red car", un drama independente con produción e dirección americanas. "É unha produtora neoiorquina que impulsa novos directores. Rapaces que viviron na rúa ou que o pasaron moi mal, danlles a posibilidade de estudar e despois de producir o seu primeiro traballo", explica o actor. A produtora elixiu Oleiros para rodar e quería que os actores fosen galegos. Alejandro estará acompañado por Melania Cruz e dous nenos. "A proba fíxena aquí. Foi moi divertido porque fomos moitos actores e a directora escribiume dicindo que se namorara de min... foi moi bonito", recorda Alejandro. O actor di que as producións de fóra elixen Galicia polos seus escenarios e a calidade dos seus equipos e que cada vez se fala tamén máis dos actores galegos. "Os actores galegos estanse proxectando moito. Dicía Inmanol Arias que polo carácter da terra profundizamos máis nas cousas", puntualiza Carro. Alejandro empezará a rodar "The red car" o 5 de agosto.

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Alejandro Carro en Serramoura.

January 9, 2019

1/10
Please reload

Entradas recientes

May 10, 2018

Please reload

Archivo
Please reload

Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square