«Con tres anos xa lle dixen a miña nai que quería ser actor»

September 22, 2005

 

En dos minutos | Alejandro Carro ACTOR O xoven intérprete foi escollido nunha escola de teatro para ser «Chino», un rapaz acusado dun crime que non fixo, en «Confesión», de Teatro do Noroeste.

 

Alejandro Carro é o prototipo desa nova remesa de actores galegos que puideron iniciarse na súa vocación grazas ao papel desempeñado polas escolas privadas de teatro instaladas en Galicia. Confesións é a primeira montaxe teatral na que participa como profesional grazas á oportunidade que lle brinda Teatro do Noroese. -¿Como foi que pensaran en vostede para este papel? -Houbo un casting na escola Santart na que eu estudo. Entreguei un currículo e mandáronme un texto do primeiro monólogo da obra. Sobre iso traballei e presentei o que tiña traballado. Despois dun mes chamáronme para dicirme que me colleran. Foi unha emoción impresionante. -¿É a primeira obra de teatro na que actúa e cobra por elo? -Si, pero o que alucino é coa vivencia de todo porque, ademais, traballar con dous grandes do teatro galego como Luma e Eduardo é casi un soño para min. Porque eu con tres anos xa lle dixen a miña nai que quería ser actor, e montaba obras co meu veciño. -¿Cambia moito pasar de facer unha obra na escola a facela con profesionais? -Si, non sabes como afrontalo. Pero leveino bastante ben. Eu tiña algo de medo porque a xente no teatro é algo rara, pero o ambiente é moi bo, portáronse moi ben comigo. -¿Que é máis importante, a escola ou as tablas? -Penso que as dúas cousas deben compaxinarse. -¿Que é o que bota en falta no teatro galego? -Creo que desde a Administración non se apoia o suficiente, e hai xente que ve o teatro como algo elitista. Sala Yago.

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas

Alejandro Carro se incorpora a Acacias 38

December 2, 2019

1/10
Please reload

Entradas recientes
Please reload

Archivo
Please reload

Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square